Hoxe,  
 Os Milagres da       Amil
 Santuario dos       Milagres
 Romaría dos       Milagres
 Calendario de      actos relixiosos
 Fotografias
 Contacto
Ver a nosa axenda

A ROMARÍA DOS MILAGRES DA AMIL

Despois de gozar da natureza en xullo e da gastronomía en agosto, a virxe dos Milagres é a protagonista do final do verán amilense. Máis de cen mil persoas participan na romaría dos Milagres da Amil, unha das citas máis concorridas da provincia de Pontevedra.

Durante toda a romaría, pero sobre todo a madrugada do domingo, centos de romeiros achéganse ata Amil. Vén andando tanto a mocidade como persoas máis maiores. E é que os camiños que levan a Amil implican sacrificio, pero non están exentos de diversión e de certa aventura.

Acudan a pé, en coche ou en bus, Amil é un fervedoiro de xente. Véñenlle pedir unha axuda á virxe ou agradecerlla xa. Antigamente, participaban na procesión ataúdes en honor á virxe: os ofrecidos e os salvados ían no interior dos cadaleitos envoltos en mortallas. Hoxe o costume caeu en desuso. Pola contra, segue viva a tradición de cubrir o manto da virxe cos billetes que lle deixan os romeiros. Esta é unha das imaxes máis espectaculares da romaxe.

Á parte da significativa e predominante faciana relixiosa, ninguén pode obviar que á romaría acode moita xente con ganas de festa. Se no apartado relixioso a protagonista é a virxe dos Milagres, no apartado máis festeiro o rei é o polbo á feira.



Nos arredores do santuario, cadaquén apura o seu agosto. Amil é agora tamén unha feira.

Relixión e paganismo. Fervor e diversión. Devoción e borracheira... O humano e o divino cara a cara na Amil.

Festas da amil Historia da amil Asociacións da amil Axenda da amil Como chegar a amil Guía gastronómica da amil Guía de empresas da amil retroceder unha páxina Voltar ao inicio Galería fotográfica Ligazóns de interese Contacte con nós