Hoxe,  
 Comunidade de       Montes
 Xestión e      obxectivos
 Aproveitamento       madeireiro
 Patrimonio       histórico e cultural
 Aproveitamento       gandeiro e       cinexético
 Contacto
  AVE: Trazado Sur
 Fotografías
Ver a nosa axenda
Xestión e obxectivos

O 31 de maio do 1982, o Xurado Provincial de Montes aproba clasificar -co expediente 160- unha superficie de 408 hectáreas do monte Acibal como monte veciñal en mancomún pertencente á comunidade veciñal de San Mamede da Amil.

O monte en mancomún da Amil ten os seguintes lindes:

Norte: terreos particulares e monte de Cosoirado

Sur: termo municipal de Campo Lameiro

Leste: termo municipal de Campo Lameiro

Oeste: termo municipal de Barro e monte Acibal de San Pedro de Rebón.

O órgano de xestión da Comunidade de Montes é a xunta reitora. Está formada por 13 membros, que se renovan cada catro anos, segundo se establece nos estatutos que rexen a súa actividade.

A principal función da xunta reitora é a administración, o aproveitamento e a posta en valor do monte, actividades que na actualidade se fan seguindo o establecido no Plan xeral de ordenación do monte que a comunidade aprobou o ano 2002.

Aproveitamentos do monte

Os principais aproveitamentos do monte son o madeireiro, o gandeiro e o cinexético.

SUPERCIE DOS TIPOS DE MONTE

Monte raso

85 hectáreas

Pasteiros

15 hectáreas

Arborado

308 hectáreas




OCUPACIÓN DE SUPERFICIE ARBORIZADA POR ESPECIE

Piñeiro bravo (Pinus pinaster)

84 hectáreas

Piñeiro manso (Pinus insignis)

31 hectáreas

Carballo ( Quercus robur )

41 hectáreas

Eucalipto ( Eucaliptus globulus)

39 hectáreas

Produción mixta

113 hectáreas

Festas da amil Historia da amil Asociacións da amil Axenda da amil Como chegar a amil Guía gastronómica da amil Guía de empresas da amil retroceder unha páxina Voltar ao inicio Galería fotográfica Ligazóns de interese Contacte con nós