Hoxe,  
 Comunidade de       Montes
 Xestión e      obxectivos
 Aproveitamento       madeireiro
 Patrimonio       histórico e cultural
 Aproveitamento       gandeiro e       cinexético
 Contacto
  AVE: Trazado Sur
 Fotografías
Ver a nosa axenda

Recuperación e mantemento do patrimonio histórico e cultural da Amil

A recuperación de fontes, cruceiros ou lavadoiros é a contribución da Comunidade de Montes para continuar mantendo vivos os vestixios culturais da parroquia.

As obras de restauración e de conservación en fontes como a da Rozavella -lugar onde, supostamente, emanou un caudal de auga logo das súplicas do arrieiro Sebastián de Castro á virxe dos Milagres- ou en cruceiros como o de Vilacova e o de Cartamil son exemplos das moitas actuacións da Comunidade de Montes.

Así mesmo, tamén se levan a cabo obras que contribúan á mellora da calidade de vida na parroquia:

•  Recuperación e mellora dos camiños de acceso ás leiras e ás zonas de cultivo.

•  Creación de espazos de lecer e de puntos de reunión e encontro dos veciños en torno ás fontes das aldeas da parroquia.

•  Recuperación dos arredores da igrexa parroquial e do cemiterio da Amil.

•  Colaboración co tecido asociativo e fomento do desenvolvemento de actividades culturais e sociais destinadas a todos os veciños da Amil.

Construción da Casa da Cultura da Amil

A Casa da Cultura da Amil converteuse dende o ano 2000 no centro da vida social e cultural da parroquia.

Esta obra de 750 metros cadrados, distribuídos en tres andares, acolle espazos para todo tipo de actividades e locais para as asociacións da Amil. Un auditorio, unha cafetería, unha sala de xuntas, varias oficinas, dous salóns de usos múltiples e unha sala de estudo con conexión á internet son os espazos que a sociedade amilense fixo seus. Hoxe son os lugares de encontro social e cultural de todos os veciños da Amil.

Festas da amil Historia da amil Asociacións da amil Axenda da amil Como chegar a amil Guía gastronómica da amil Guía de empresas da amil retroceder unha páxina Voltar ao inicio Galería fotográfica Ligazóns de interese Contacte con nós