COMO CHEGAR DESDE MORAÑA
Desde o núcleo urbano de Moraña, desde Santa Lucía, coller a estrada PO-221 cara a Campo Lameiro. Tras percorrer 2,2 quilómetros, virar á dereita nun cruzamento sinalizado cara ó santuario dos Milagres da Amil, pola PO-0018. Logo de 5 quilómetros, chegaredes a Amil.
COMO CHEGAR DESDE VIGO E PONTEVEDRA
Desde Vigo e Pontevedra, pola A-9 ou pola N-550, chegar ó concello de Barro. Alí, no cruzamento de Porráns da N-550, virár á dereita pola PO-226 que leva a Moraña. Logo duns tres quilómetros, coller á dereita pola PO-0503 e seguir os carteis cara ó santuario dos Milagres da Amil, ata enlazar coa PO-0018. Alí virar á dereita. Seguide todo recto xa e chegaredes a Amil.
Desde Pontevedra tamén se pode ir a Amil polo monte Acibal. Hai que saír de Pontevedra por Lérez, cara a Xeve. Logo, nos Fontáns, seguir pola estrada PO-0018. Despois de subir e baixar o monte Acibal, chegaredes a Amil. COMO CHEGAR DESDE A CORUÑA E SANTIAGO
Desde A Coruña ou desde Santiago de Compostela, hai que coller a A-9 ou a N-550 dirección Pontevedra. Pódese saír en Caldas de Reis. No centro de Caldas hai que xirar á esquerda en dirección a Cuntis, pola N- 640. A uns 3 Km, desviarse pola estrada provincial PO-221 ata chegar ó nucleo urbano de Moraña. Unha vez alí, seguir pola estrada PO-221 cara a Campo Lameiro. Tras percorrer 2,2 quilómetros, virar á dereita nun cruzamento sinalizado cara ó santuario dos Milagres da Amil, pola PO-0018. Logo de 5 quilómetros, chegaredes a Amil.
Tamén se pode seguir pola autoestrada A-9 ou pola estrada N-550 ata o concello de Barro. Alí, no cruzamento de Porráns, desviarse pola PO-226 cara a Moraña. Logo duns tres quilómetros, coller á dereita pola PO-0503 e seguir os carteis cara ó santuario dos Milagres da Amil, ata enlazar coa PO-0018 e virar á dereita. Seguide todo recto xa e chegaredes a Amil. |