A nosa explotación porcina
A idea da explotación porcina da Asociación Gastronómica Cultural da Amil naceu coa cría de porcos nas casas de veciños da Amil. Máis adiante, a Comunidade de Montes da Amil cedeu uns terreos nunha carballeira en mancomún e alí a asociación foi construíndo unha pequena granxa, na que se encontra actualmente a explotación porcina reducida. Agora contamos con tres porcas parideiras e mais un macho.
Os porcos criámolos -moitas veces, con doazóns dos veciños da Amil- a base de fariña de millo, calacús, patacas etc. Despois os porquiños ou ben son adquiridos polos veciños para criar ou ben son empregados xa pola propia asociación gastronómica para asados privados.
A nosa intención agora é facer un cerrado ó redor da granxa e que os porcos poidan estar ó aire libre. |