|
COMPOSICIÓN DOS LOTES
Na exaltación, ademais do prato do Porquiño á Brasa da Amil®, os lotes tamén se acompañan de:
unha empanada de zorza e outra de bacallau, de 1,5 Kg cada unha
doce botellas de viño tinto e seis de auga
4 moletes de pan
de sobremesa, 2 bicas
café de pota con pingas de caña
O lote inclúe a mesa -sempre ó abrigo, que en Galicia xa se sabe- e todos os artigos necesarios (pratos, vasos, panos de mesa, cubertos, sacarrollas...). Nela comen ata 20 persoas. Todo isto compón un lote cun custo pechado.
|