Hoxe,  
 A asociación
 O noso prato:       Porquiño á Brasa
 Festa do Porquiño
 Composición dos       lotes
 Reservas
 Contacto
 Fotografías
Ver a nosa axenda
ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA CULTURAL DA AMIL

A Asociación Gastronómica Cultural da Amil naceu no ano 2000, creada polos organizadores da Festa do Porquiño á Brasa®.
O fin principal da asociación é exaltar o Porquiño á Brasa da Amil®, pero non só o día da festa. A asociación realiza tamén asados privados. E temos levado xa a nosa proposta gastronómica a varios eventos sociais e culturais, como á Feira Franca de Pontevedra ou ó Festigal de Santiago de Compostela.

O porco está tamén moi presente noutras xuntanzas culinarias que organizamos. Polo tempo do Entroido, ten lugar o noso cocido, un xantar de prazas limitadas no que van á mesa os nosos produtos da terra.



O Porquiño á Brasa da Amil®, rexistrado e promovido pola nosa asociación, é a nosa grande aposta gastronómica. O último domingo do mes de agosto é a cita anual: a Festa do Porquiño á Brasa da Amil®.

Festas da amil Historia da amil Asociacións da amil Axenda da amil Como chegar a amil Guía gastronómica da amil Guía de empresas da amil retroceder unha páxina Voltar ao inicio Galería fotográfica Ligazóns de interese Contacte con nós