Hoxe,  
 Calendario       Festeiro
 Festas de Inverno
 Baixa das Bestas
 San Mamede
 Porquiño á Brasa
 Milagres da Amil
Ver a nosa axenda

AS FESTAS DE INVERNO

O 17 de xaneiro e os tres domingos seguintes

Arranca o ano e xa temos ganas de troula. No mes de xaneiro festexamos as nosas Festa de Inverno. Son de índole relixiosa, e aínda que pouco máis teñen ca unha misa solemne, a súa celebración é unha tradición e gustamos de conservala.

O SAN ANTONIO

17 de xaneiro

Compételle a unha parella que casara na Amil, por orde de antigüidade. Hoxe segue sendo unha festa para os matrimonios, semellante a unhas vodas de prata.

Os tres domingos seguintes ó 17 de xaneiro celebramos o noso san Roque, o Carme e mais a santa Lucía. A parroquia é dividida en tres dun xeito que xa vén de vello e cada un destes grupos de aldeas organiza cadanseu domingo na honra do santo que a tradición lle adxudica. Coas achegas dos veciños paganse os gastos da festa. Xa se sabe: a misa cantada, a Banda de Música Nova Lira de Moraña, a Coral Cánticos da Amil... e que non falten os foguetes. Foghos aínda que non haxa un peso!

O SAN ROQUE

Domingo seguinte ó 17 de xaneiro

Son os lugares de Vilacova, A Rozavella, Piñeiro e mais parte do lugar da Chan os encargados de xestionar o san Roque.

O CARME

Segundo domingo despois do 17 de xaneiro

Desta volta son as aldeas da Picota, O Apedrado, O Ruibal e Pumardetán as que corren coa organización do domingo en honor da virxe do Carme.

A SANTA LUCÍA

Terceiro domingo despois do 17 de xaneiro

Os veciños dos lugares de Barro, O Castriño, A Torre, Outeiro, Cartamil e parte da Chan celebran a festividade na honra á santa Lucía.



Xa cantou a coral, xa saíu a procesión e xa tocou no adro a banda. Ás tres da tarde ben dadas, aquilo acábase e as aldeas recobran a súa habitual tranquilidade. E nestes solemnes momentos, a xente que está de festa dedícase sinxelamente a xantar.

Festas da amil Historia da amil Asociacións da amil Axenda da amil Como chegar a amil Guía gastronómica da amil Guía de empresas da amil retroceder unha páxina Voltar ao inicio Galería fotográfica Ligazóns de interese Contacte con nós