San Mamede

O SAN MAMEDE, PATRÓN DA AMIL

7 de agosto

Non hai recuncho de Galicia que non festexe o seu patrón ou patroa. Amil tamén celebra o seu. É o san Mamede, ou san Mamedio, como dicimos nós.

festasinverno

Cada 7 de agosto é o noso “festivo local”. O adro da igrexa parroquial da Amil é outra vez unha festa. Aparece a Banda de Música Nova Lira de Moraña, canta a misa solemne a Coral Cánticos da Amil e, a seguir, aí vai en procesión o noso san Mamede. Os festexos rematan cun concerto da Nova Lira e cos fogos de rigor.