I CERTAME DE CORAIS PORQUIÑO Á BRASA DA AMIL

23 de agosto de 2005

A idea deste certame naceu da colaboración entre dúas das agrupacións culturais da parroquia: a Asociación Gastronómica Cultural da Amil, organizadora da Festa do Porquiño á Brasa, e mais a Coral Cánticos da Amil.

Estas dúas entidades culturais quixeron celebrar así a interrelación entre dúas vertentes da nosa cultura: a gastronomía e a música. E como cada cultura ten as súas propias melodías e as da nosa están intimamente ligadas á fala, ó galego, de aí xurdiu a idea de botar a andar este certame de corais Porquiño á Brasa da Amil de cancións galegas.

coralweb01

A entidade organizadora, a Coral Cánticos da Amil, convidou a participar na primeira edición a outras corais e coros. Participaron: o Coro Lembranzas do Salnés; a Coral Alento Xoven, do Carril; a Coral Voces Amigas, de Moraña; e o Coro Cantares das Burgas, de Cuntis.

A Coral Cánticos da Amil, baixo a dirección de dona Mercedes Tilve, pechou o festival interpretando: O carro , de Manuel María; Brazos prá seitura , de Fuxan os Ventos; e a peza popular O vira vira.

En agradecemento ás corais participantes, a Asociación Gastronómica Cultural da Amil, colaboradora do certame, entregoulles cadansúa escultura coa imaxe da festa do Porquiño á Brasa da Amil®.

Así mesmo, esta asociación, xunto coa Coral Cánticos da Amil, fixéronlle entrega tamén doutra escultura a don Modesto Pena Liste, párroco da Amil, pola súa colaboración coas dúas agrupacións ó longo destes anos.

Para despedir o I Certame de Corais Porquiño á Brasa da Amil , as cinco agrupacións participantes botáronlle unha peza todas xuntas: a Carolina.