A coral

logocanticosdeamilA Coral Cánticos da Amil nace en novembro de 2003, daquela como unha sección máis dentro da Asociación Sociocultural e Veciñal de Amil-Moraña.

A iniciativa foi ben acollida e contou desde o principio con máis de 30 compoñentes. Hoxe son 41. Desde os seus comezos diríxeos dona Mercedes Tilve.

canticos2A partir da súa estrea en agosto de 2004 -o día de san Mamede, patrón da Amil-, actúan en actos relixiosos e sociais, moitos deles en colaboración coa Banda de Música Nova Lira de Moraña.

A Coral Cánticos da Amil, xunto coa Asociación Gastronómica Cultural da Amil, organizaron o I Certame de Corais Porquiño á Brasa da Amil, en agosto de 2005.