O 31 de maio do 1982, o Xurado Provincial de Montes aproba clasificar -co expediente 160- unha superficie de 408 hectáreas do monte Acibal como monte veciñal en mancomún pertencente á comunidade veciñal de San Mamede da Amil.
O monte en mancomún da Amil ten os seguintes lindes:
- Norte: terreos particulares e monte de Cosoirado
- Sur: termo municipal de Campo Lameiro
- Leste: termo municipal de Campo Lameiro
- Oeste: termo municipal de Barro e monte Acibal de San Pedro de Rebón.
O órgano de xestión da Comunidade de Montes é a xunta reitora. Está formada por 13 membros, que se renovan cada catro anos, segundo se establece nos estatutos que rexen a súa actividade.
A principal función da xunta reitora é a administración, o aproveitamento e a posta en valor do monte, actividades que na actualidade se fan seguindo o establecido no Plan xeral de ordenación do monte que a comunidade aprobou o ano 2002.
Aproveitamentos do monte
Os principais aproveitamentos do monte son o madeireiro, o gandeiro e o cinexético.
SUPERFICIE DOS TIPOS DE MONTE | |
Monte raso | 85 hectáreas |
Pasteiros | 15 hectáreas |
Arborado | 308 hectáreas |
OCUPACIÓN DE SUPERFICIE ARBORIZADA POR ESPECIE | |
Piñeiro bravo (Pinus pinaster) | 84 hectáreas |
Piñeiro manso (Pinus insignis) | 31 hectáreas |
Carballo ( Quercus robur ) | 41 hectáreas |
Eucalipto ( Eucaliptus globulus) | 39 hectáreas |
Produción mixta | 113 hectáreas |