Patrimonio histórico e cultural da Amil

4montesRecuperación e mantemento do patrimonio histórico e cultural da Amil

A recuperación de fontes, cruceiros ou lavadoiros é a contribución da Comunidade de Montes para continuar mantendo vivos os vestixios culturais da parroquia.

As obras de restauración e de conservación en fontes como a da Rozavella -lugar onde, supostamente, emanou un caudal de auga logo das súplicas do arrieiro Sebastián de Castro á virxe dos Milagres- ou en cruceiros como o de Vilacova e o de Cartamil son exemplos das moitas actuacións da Comunidade de Montes.

Así mesmo, tamén se levan a cabo obras que contribúan á mellora da calidade de vida na parroquia:imagen-035

  • Recuperación e mellora dos camiños de acceso ás leiras e ás zonas de cultivo.
  • Creación de espazos de lecer e de puntos de reunión e encontro dos veciños en torno ás fontes das aldeas da parroquia.
  • Recuperación dos arredores da igrexa parroquial e do cemiterio da Amil.
  • Colaboración co tecido asociativo e fomento do desenvolvemento de actividades culturais e sociais destinadas a todos os veciños da Amil

Construción da Casa da Cultura da Amil A Casa da Cultura da Amil converteuse dende o ano 2000 no centro da vida social e cultural da parroquia.imagen-005

Esta obra de 750 metros cadrados, distribuídos en tres andares, acolle espazos para todo tipo de actividades e locais para as asociacións da Amil. Un auditorio, unha cafetería, unha sala de xuntas, varias oficinas, dous salóns de usos múltiples e unha sala de estudo con conexión á internet son os espazos que a sociedade amilense fixo seus. Hoxe son os lugares de encontro social e cultural de todos os veciños da Amil.