A Comunidade

logomontesAmil é natureza, é respecto polo noso! E o monte é noso!

O monte en mancomún da Amil perténcenos ós veciños da parroquia. Organizados nunha Comunidade de Montes formada como tal desde o ano 1982, defendemos, xestionamos e aproveitamos estes terreos especiais dos que toda a veciñanza é copropietaria.

montes01As nosas 408 hectáreas do monte Acibal cumpren un fin social, ambiental e tamén económico. É a explotación forestal a que nos xera recursos económicos para o mantemento do monte e para a súa repoboación. Os beneficios da madeira tamén os investimos na recuperación e conservación do patrimonio histórico e cultural da parroquia e mais en fins sociais.

Na Amil o monte comunal está vivo e el foi o que nos construíu a nosa Casa da Cultura.