AVE: Trazado Sur

Os veciños/as do lugar de Amil EXPOÑEN:logomontes

1.- Que vista a exposición pública de Estudo Informativo de Tren de Altas Prestacións a Galicia Tramo Ourense- Vigo, e vendo que as parroquias de Amil e Rebón (concello de Moraña) vense afectadas nas Alternativas propostas en dito Estudo Informativo no tramo Cerdedo-Barro co paso do Túnel Bitubo denominado de a Granxa.

2.- Que a Alternativa Norte ten unha grande afección en superficie ( solo núcleo rural, edificacións existentes, afección a pozos e regos de auga, etc…).

3.- A alternativa Sur elimina os inconvintes e trastornos nas poboacións referidas ao non discorrer por debaixo das edificacións existentes.

POLO QUE SOLICITAN: que se opte pola Alternativa Sur por ser a que menos afecta ás parroquias e menos grao de afección presenta no dominio público, límites de protección e límites de edificación.

AVE_trazadoSur

Para descargar, uhna vez aberta, clic dereito na imaxen e “Gardar imaxen…”