Aproveitamento madeireiro

Os recursos xerados polo aproveitamento madeireiro do monte ó longo destes anos destináronse ás seguintes actividades:

  • Repoboación forestal, mantemento e limpeza do monte.
  • Recuperación e mantemento do patrimonio histórico e cultural da parroquia da Amil.
  • Construción da Casa da Cultura da Amil.

montesweb01

Repoboación forestal e mantemento e limpeza do monte

Cada ano, a Comunidade de Montes destina, como mínimo, o 25% dos recursos xerados polo aproveitamento de madeira á limpeza e á plantación tanto de especies de crecemento rápido como de especies autóctonas, e mantén especialmente o carballo, que ocupa un 10% da superficie arborizada.

Os fondos propios achegados foron complementados cos fondos obtidos dos organismos públicos, destinados á posta en valor e á mellora da rendibilidade do monte.