Aproveitamento gandeiro

No monte da Amil pacen bestas e vacas que son propiedade dos veciños da parroquia ou de concellos limítrofes, pero é imposible determinar o número de animais que hai no monte.

Na zona das Brañas, a Comunidade de Montes cedeulle uns terreos á Asociación Cabalar Monte Acibal para a construción dun curro. Antigamente as bestas baixábanse ata a carballeira dos Milagres -de aí a denominación Baixa das Bestas-, pero na actualidade o monte é testemuña do encontro anual da sociedade coas bestas. O domingo seguinte ó 8 de xullo celébrase a nosa Baixa das Bestas. O monte é agora escenario social e cultural. Centos de persoas acampan nos arredores do curro; moitos comen en familia no monte e todos gozan da Baixa das Bestas da Amil.

montesweb02

Aproveitamento cinexético

O monte da Amil esta incluído no couto de caza PO-10183 da Sociedade de Caza e Pesca de Moraña. Non existen neste monte especies sensibles nin protexidas.

As especies animais máis abundantes son o xabarín, o coello, o teixugo, o esquío e a donicela. Canto ás aves, abunda a torcaza, a rula e a perdiz.