Nova Lira

logobandaA Banda de Música Nova Lira de Moraña creouse en 1985, O seu nacemento foi posible grazas á colaboración do actual párroco da Amil -don Modesto Pena-, de Pablo Búa, do Concello de Moraña e, por suposto, dos pais dos rapaces e dos propios músicos. Hoxe xestiona a agrupación a Asociación Cultural Banda de Música Nova Lira de Moraña, que conta coa achega de empresas e socios colaboradores.

A Nova Lira de Moraña realiza múltiples actuacións en moitas festas da provincia de Pontevedra. Ó longo do ano, organiza tamén diversos eventos musicais, algúns deles en colaboración coa Coral Cánticos da Amil, como a celebración da festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos.

novaliraweb01

Desde o ano 2004, un músico da Escola Naval de Marín que comezou a súa formación na Nova Lira, Luís Manuel Montáns Fariña, fíxose cargo da batuta da banda e deulle un novo aire e novas ilusións. O 24 de setembro celebrouse o I Festival de Bandas de Música, organizado pola Asociación Cultural Banda de Música Nova Lira de Moraña.