A asociación

logoculturalA Asociación Sociocultural e Veciñal de Amil-Moraña botou a andar no 2002. Nace para potenciar e organizar entre a xente achegada por calquera lazo á vida na Amil moitas facetas culturais aínda sen atender. O noso referente supremo é a cultura galega.

Maiores, mozos e rapaces participan ó longo do ano en charlas, en obradoiros infantís con diferentes fins, en excursións, en cursos…

Tratamos de levar e impulsar na Amil calquera expresión cultural: obras de teatro, exposicións. No seo da nosa asociación naceu a recentemente creada Coral Cánticos da Amil.

Así mesmo, é importante tamén para a nosa entidade a colaboración coas outras asociacións e organizacións da zona. Entre todas, queremos lograr encher e promover os moitos recadros que conforman a nosa cultura: a gastronomía, a música, as festas tradicionais, a lingua e a literatura, o monte… Calquera actividade que poida ser de interese social ou cultural e coa que poidamos encher o noso tempo libre é sempre considerada. cultural01web