RESERVAS DE LOTES

logogastroA partir do 1 de agosto saen á venda os lotes da Festa do Porquiño á Brasa da Amil®. Se queredes vir xantar a Amil e participar da festa, tendes que reservar o voso lote na sucursal de Caixanova de Moraña. O prezo pode variar duns anos para outros. Logo, o domingo, o día grande do Porquiño, tendes que levar o xustificante de pagamento para entregalo no momento no que se sorteen os porquiños.

As reservas postas á venda pola Asociación Gastronómica Cultural da Amil son limitadas, pero contamos coa colaboración de hostaleiros da zona, aos que vos remitimos cando xa se esgotaron os nosos lotes.