O NOSO PRATO: PORQUIÑO A BRASA DA AMIL®

gastro02A un porquiño de 14-16 kg, aproximadamente, estirado polas catro patas, átaselle o fociño, a cruz, o lombo, as patas e a faldra a un gancho de aceiro inoxidable. Posto en vertical, vaise asando coa calor de brasas de leña de carballo. O asador vaino xirando e untando con mollo durante sete ou oito horas.

Este prato dá para 16-20 persoas. Son datos aproximados, ós que nós chegamos tendo en conta persoas de distintos bandullos. De calquera xeito, o comentario é sempre un: plena satisfacción polo manxar probado.