FESTA DO PORQUIÑO Á BRASA DA AMIL

ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE AGOSTO

Asado dos porquiños

Asado dos porquiños

A Festa do Porquiño á Brasa da Amil® ten as súas orixes nun xantar popular no ano 1990, enmarcado dentro da XV Festa do Arrieiro, rexouba parroquial que os mozos e mozas do lugar facían a última fin de semana de agosto. Desde aquela, veuse celebrando sempre.

A última fin de semana de agosto, Amil é outra vez máis unha festa. Durante a semana hai actividades culturais e o sábado o lume xa empeza a arder. Na véspera do día grande, os nenos son os protagonistas dos xogos populares. E pola noite, a asociación repártelle un porquiño a cada bar colaborador para que o ofrezan como degustación gratuíta.

 

Xantar do Porquiño á Brasa da Amil

Xantar do Porquiño á Brasa da Amil

Na festa gastronómica, o prato do Porquiño á Brasa da Amil® forma parte dun lote que ten de todo. Ti só tes que reservalo. Logo é chegar e encher.

A última fin de semana de agosto atoparás na Amil gastronomía propia mesturada con outras mostras culturais galegas: gaiteiros, ruadas, teatro e xogos populares que incitan a participar e a facer do que igual é estraño algo próximo e familiar.

Xogos populares o domingo do Porquiño

Xogos populares o domingo do Porquiño