Na exaltación, ademais do prato do Porquiño á Brasa da Amil®, os lotes tamén se acompañan de:
- unha empanada de zorza e outra de bacallau, de 1,5 Kg cada unha
- doce botellas de viño tinto e seis de auga
- 4 moletes de pan
De sobremesa:
- 2 bicas
- café de pota con pingas de caña
O lote inclúe a mesa -sempre ó abrigo, que en Galicia xa se sabe- e todos os artigos necesarios (pratos, vasos, panos de mesa, cubertos, sacarrollas…). Nela comen ata 20 persoas. Todo isto compón un lote cun custo pechado.