A Asociación

logogastroA Asociación Gastronómica Cultural da Amil naceu no ano 2000, creada polos organizadores da Festa do Porquiño á Brasa®.
O fin principal da asociación é exaltar o Porquiño á Brasa da Amil®, pero non só o día da festa. A asociación realiza tamén asados privados. E temos levado xa a nosa proposta gastronómica a varios eventos sociais e culturais, como á Feira Franca de Pontevedra ou ó Festigal de Santiago de Compostela.

O porco está tamén moi presente noutras xuntanzas culinarias que organizamos. Polo tempo do Entroido, ten lugar o noso cocido, un xantar de prazas limitadas no que van á mesa os nosos produtos da terra.

abrasapq  oporquinonafeirafranca