Hoxe,  
 Os Milagres da       Amil
 Santuario dos       Milagres
 Romaría dos       Milagres
 Calendario de      actos relixiosos
 Fotografias
 Contacto
Ver a nosa axenda

CALENDARIO DE ACTOS RELIXIOSOS NO SANTUARIO DOS MILAGRES

DURANTE TODO O ANO

De luns a sábados. Misa rezada ás 19:00 en horario de inverno e ás 21:00 en horario de verán.

Domingos e festivos. Misa rezada ás 12:00. Pola tarde, ás 18:00 en horario de inverno e ás 19:00 en horario de verán.

DURANTE A ROMARÍA DOS MILAGRES

Os días dos actos relixiosos da romaría dos Milagres da Amil dependen do día grande, que é sempre o domingo seguinte ó 8 de setembro. Polo tanto, se o día 8 de setembro cae en domingo, o domingo dos Milagres será o 15 de setembro.

Novena en honor á virxe dos Milagres. Ás 8:30 e ás 20:30. Comeza o venres da semana anterior á festa grande. Durante a novena dos Milagres, haberá misas dende as 18:00 horas.

Domingo da Baixa da Santa. Domingo anterior ó día grande da romaría. Pola mañá, hai os actos coma todos os días do novenario. Logo, haberá misa ás 10:30 e ás 12:00, e pola tarde ás 18:00 e ás 19:00 horas. A seguir, báixase a Virxe dos Milagres do seu camerino e lévase en procesión. A continuación celebrase a novena.

Sábado dos Milagres. Misas dende as 7:30 ata as 13:00, que será a misa solemne que anteceda á procesión. Pola tarde, misas a partir das 17:00.

Domingo dos Milagres. Misas dende as 6:00 ata a 13:00. Logo celebrarase a procesión. Pola tarde, retomaranse os oficios ás 17:00 horas.




Domingo da Guadalupe

O domingo seguinte á romaría dos Milagres venérase na Amil a virxe de Guadalupe. Pola mañá, hai misas dende as 8:00 ata as 13:00 horas. A continuación, sácanse ás imaxes en procesión.

Pola tarde, ás 17:00 é a hora das tradicionais poxas das ofrendas en especies. Despois delas, volven comezar as misas.

Festas da amil Historia da amil Asociacións da amil Axenda da amil Como chegar a amil Guía gastronómica da amil Guía de empresas da amil retroceder unha páxina Voltar ao inicio Galería fotográfica Ligazóns de interese Contacte con nós